Apúntate a nuestro boletín para conocer las novedades Bartleby de primera mano. Sólo tienes que introducir tu correo electrónico aquí:

Suscribirse
Campo 'E-mail suscriptor' obligatorio
No es una dirección de E-mail válida

Te mantenemos al día de la actualidad literaria en este resumen de destacados. También puedes visitar la sección de prensa completa.

# 05/07/2023 Presentación en librería La Guarida (cercedilla) El próximo sábado 15 de julio la poeta Ana Pérez Cañamares presentará en Cercedi ... # 05/11/2014 Presentación en Madrid 6/11 Enclave de Libros Manuel Rico, director de la colección Bartleby Poesía, y la autora, Cris ... # 19/06/2014 2ª edición de "En legítima defensa" Con una gran afluencia de público se realizó en el café La Cantonada la presentación en Tarragona ... # 17/12/2013 Presentación "Sagrado Corazón 45" en Madrid El 17 de diciembre a las ocho de la tarde presentaremos Sagrado Corazón 45, primer títul ... # 04/03/2013 Presentación en La Buena Vida (Madrid) 5/03/13 Presentamos en Madrid, en la Librería La Buena Vida (metro Ópera), la primera obra del actor y mú ...
Introduzca algún texto para buscar
Búsqueda por títulos, autores,ediciones, reseñas... BuscarBúsqueda avanzada
Viene de: Portada>Prensa
Xoán Abeleira restaura en castelán os versos de Sylvia Plath 16/10/2008Publicado en Galicia Hoxe



Ducias de poemas inéditos en castelán, máis de douscentos textos e setecentas páxinas -case a metade delas notas- son algunhas das cifras da Poesía completa de Sylvia Plath, un libro que se está convertendo nun dos éxitos da temporada en España. A este éxito non é alleo o traballo do tradutor, Xoán Abeleira, que lle proporcionou a Bertleby Editores máis de ano e medio de traballo até conseguir un texto exhaustivo ao que, "se acaso", puntualiza, "soamente se lle poñería un fallo: a imposibilidade de transmitir en castelán o dominio técnico da escritora".

A obra preséntase o vindeiro luns en Madrid e o xoves, día trinta, réndeselle homenaxe a Sylvia Plath na sede da Fundación Caixa Galicia, na Coruña, nun acto organizado polo propio Abeleira que contará coa participación de numerosos representantes da vida cultural galega. Ese mesmo día, o suplemento Revista das Letras de GALICIA HOXE publicará unha escolma de poemas en galego da autora estadounidense, continuación da que Xoán Abeleira fixera xa nesas páxinas o ano pasado, xunto a outros textos do seu marido, o tamén poeta Ted Hughes.



Unha relación que comezou en lingua galega

E é que os primeiros textos de Plath aos que Abeleira se enfrontou foron para traducilos ao galego, pero o proxecto de verter as obras completas non prosperou "porque en Galicia non había quen asumira os riscos. Refírome a uns dereitos de autor moi altos. Sylvia Plath é un mito no mundo anglosaxón e a súa Obra completa un dos libros máis reeditados en poesía da segunda parte do século XX".

Abeleira está sorprendido da recepción que a obra ten no mercado español. El atribúeo a que os lectores "están un pouco fartos do tipo de poesía que imperou durante os últimos lustros no Estado: a poesía da experiencia. Unha poeta como Plath, que encadrariamos entre os poetas visionarios, abre novas perspectivas. A xente está moi ansiosa desa poesía".

Recoñece, con todo, que os lectores tamén se senten atraídos pola inquitente personalidade da escritora. No 1963, pouco despois de separarse de Ted Hughes, co que tiña dous fillos de curta idade, suicidouse metendo a cabeza no forno da cociña de gas. "Para ben ou para mal, Sylvia Plath é un mito no ámbito das letras comparable a James Dean ou Marylin Monroe no cinema. Non esquezamos que, para ben ou para mal, ten o seu propio club de fans".



A historia de amor máis conmovedora do século

E é que "a traxedia de Sylvia e de Hughes é unha das máis tremendas e conmovedoras do século pasado. Trátase da historia de amor de dous xenios da poesía, cunha relacion extraordinaria a todos os niveis. Porque detrás do mito de Sylvia Plath, conviven outros moitos, integrados noso inconsciente colectivo: o de Nerea, o de Electra ou o de Isis"

A edición de Bartleby -que parte da realizada por Hughes para Faber & Faber no 1981- corrixe os erros de vulto de traducións anteriores e inclúe a poesía de xuventude. Tamén elimina algunhas erratas da edición de Hughes, xa que inclúe a versión restaurada que fixo do Ariel a filla de ambos, a poeta e pintora Frieda Hughes, no 2003. "Frieda publicou os manuscritos da súa nai tal e como os deixou ela, respectando a orde e a puntuación", subliña.

Ao longo do tempo que pasou mergullando no mundo de Plath, Abeleira descubriu "unha poeta aínda máis grande do que pensaba. Falamos dunha muller que comezou a publicar e a escribir con nove anos, que tiña un enorme dominio técnico. Gustáballe xogar co sentido das palabras, nunha forma que me lembra a Rimbaud.

Outra sorpresa foi tamén descubrir o seu proceso de creación escrita, con imaxes concatenándose nunha fiazón a miúdo irracional".

A. R. LÓPEZ



Nosotros|Poesía|Narrativa|Blog|Prensa|Boletín|Distribuidores|Contacto
2008 © Bartleby Editores. Todos los derechos reservados
Diseño: Castelló